CRTVG

Buscar

A Xunta aproba elevar o teito de gasto en 363 millóns de euros o vindeiro ano

Publicado o 11/10/2018 08:30

En Galicia, a Xunta xa aprobou o límite de gasto que se marca para o vindeiro ano, paso previo á elaboración dos orzamentos. Serán 9.850 millóns de euros, 363 máis ca este ano. O presidente tamén avanzou as previsións macroeconómicas para o 2019. Estiman un crecemento do PIB do 2,5% e que a taxa de paro se reduza ata o 12,7%.

"Estes 1.400 millóns máis ca no ano 2015, e estes 363 millóns máis ca o pasado ano vannos permitir consolidar a recuperación económica, desenvolver máis políticas de impulso, garantir os servizos públicos, e unha diminución selectiva de impostos".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018