A Xunta aproba axudas para o ocio nocturno e un novo paquete para autónomos
Publicado o 17/06/2021 16:04
Mentres non chega a reapertura do ocio nocturno, prevista para o un de xullo, a Xunta anuncia unha convocatoria de axudas directas para este sector dende os 7.500 euros ata os 35.000, en función da superficie do local. O Consello tamén aprobou prorrogar ata finais de ano a vixencia da Tarxeta Básica, que é unha tarxeta moedeiro con 150, 200 ou 300 euros para persoas vulnerables.
Apoios tamén para as empresas de transformación e cultivos de produtos do mar. Disporán de 7,5 millóns cofinanciados con fondos europeos para compensar ata o 50% das perdas de ingresos pola pandemia. E para autónomos e microempresas, o Goberno galego aprobou unha nova convocatoria por 4 millóns para axudas á dixitalización.