CRTVG

Buscar

A Xunta aproba a Lei de espectáculos

Publicado o 14/09/2017 14:30

O Goberno galego aproba a Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia. O propósito é que todos os espectáculos públicos, desde os grandes eventos ás verbenas populares, transcorran de xeito ordenado e seguro. A lei, segundo salienta a Xunta, é resultado do diálogo cos sectores implicados e cobre un baleiro na lexislación porque é o primeiro texto autonómico con rango legal que establece unha regulación global sobre esta materia. Establece duras sancións para os que incumpran a lei.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2017