CRTVG

Buscar

A Xunta aproba a Estratexia de cambio climático 2050, con 150 medidas para a vindeira década

Publicado o 03/10/2019 14:58

A estratexia é, segundo o presidente da Xunta, unha folla de ruta ambiciosa que colocará Galicia á vangarda en España contra o cambio climático, garantindo, di, o benestar dos cidadáns.

O documento prevé un investimento de 1.250 millóns de euros e inclúe 170 medidas para a próxima década. Entre as que xa se van poñer en marcha hai axudas para mellorar a eficiencia enerxética das vivendas, impulsar as renovables, facer plans para evitar eventos extremos, como secas ou inundacións ou fomentar o uso de equipamentos en réxime asociativo no sector primario.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/10/2019