A Xunta aposta por unha promoción do turismo vencellado ao mar para diversificar a pesca
Publicado o 06/09/2021 16:37
A Xunta de Galicia quere demostrar o seu apoio á promoción do turismo vencellado ao mar. Con este obxectivo esta mañá as conselleiras do Mar e Medio Ambiente, Rosa Quintana e Ángeles Vázquez, realizaron unha travesía no buque Playa de Sanxenxo. O barco forma parte dun proxecto turístico para dar a coñecer como é unha xornada laboral a bordo dun pesqueiro e as tarefas propias da pesca artesanal galega.