CRTVG

Buscar

Uns 7.000 efectivos traballarán na campaña de loita contra os incendios

Publicado o 11/06/2019 16:55

Ás portas da tempada de alto risco de incendios, a Xunta e o Goberno central aseguran que está todo preparado para facerlle fronte a esta campaña. Hoxe celebraron en Santiago a reunión do Comité integrado de prevención de incendios de Galicia, para coordinar as medidas das dúas administracións.

Arredor de 7.000 efectivos traballarán na campaña de prevención e loita contra os incendios deste verán. Incorporaranse preto de 550 prazas de persoal laboral eventual para un período de 5 meses.
Canto aos avances tecnolóxicos, instalarán novas cámaras á rede de videovixilancia da Xunta e utilizarán drons. Tamén desenvolverán un traballo "continuo" para limpar 4.500 hectáreas nas franxas de seguridade.

José González, conselleiro do Medio Rural: "Nós poderemos facer a limpeza das franxas en calquera momento porque, como se fai con medios públicos, tomaremos todas as precaucións necesarias".

A Xunta e o Goberno central aseguran que todo listo para comezar a campaña.

Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia: "Cun esforzo a maiores, aínda máis que outros anos, para estar preparados para a tempada".

Alberto Herrera, director xeral de Protección Civil e Emerxencias: "Estamos preparados para o inicio de campaña coa maior vontade de colaboración, de cooperación, co resto de administracións públicas".

Denuncia de comportamentos incendiarios. Teléfono confidencial e anónimo: 900 815 085

Tamén haberá un teléfono confidencial e anónimo para denunciar comportamentos incendiarios e o Goberno central utilizará un sistema de detección de puntos quentes por satélite para actuar cando comeza o lume ou ten pouca extensión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019