A Xunta aposta por reactivar o sector cultural galego usando como motor o Xacobeo
Publicado o 07/05/2020 21:35
A Xunta presentoulle os creadores e representantes da industria cultural o plan para reactivar o sector, paralizado pola pandemia. Está dotado con maís de 10 millóns de euros e inclúe partidas para proxectos escénicos e musicais.
O conselleiro de Cultura destacou a importancia de apoiar a recuperación do sector no Xacobeo 2021, que conta con outros cinco millóns de euros. Isto, asegurou Roman Rodríguez, obrigará a reinventar o Xacobeo.
"Un Xacobeo en que a cultura galega estea absolutamente presente, refundando, creando un novo Xacobeo onde o mundo, as empresas e os creadores culturais galegos teñan unha plataforma de proxección", dixo o conselleiro.