CRTVG

Buscar

A Xunta aposta por compatibilizar "responsabilidade medioambiental e innovación" para contar cunha industria "forte"

Publicado o 26/11/2019 20:35

O conselleiro de Economía pon a Compañía Española de Industrias Electroquímicas como exemplo de innovación empresarial.

Francisco Conde visitou as instalacións de CEDIE no Barco de Valdeorras. A empresa vai levantar unha planta industrial de procesamento de resina de piñeiro, está desevolvendo láminas de lousa flexible e desde hai poucos meses presta servizos de limpeza crioxénica con xeo seco. Conde cre que exemplifica como a nova economía pode fixar poboación no rural.

Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria: "Unha nova economía que se centra no talento, que se centra na innovación e en captar ese coñecemento para desenvolver novos proxectos industriais nunha comarca como O Barco, e abrir novas oportunidades aos máis novos e para reter o noso talento".

Noticias web

26/11/2019