A Xunta aposta pola reciclaxe e a integración
Esta mañá, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou en Valga o Centro Ocupacional de Discapacitados, que no mes de outubro puxera en marcha un proxecto piloto para a reutilización e reparación de aparellos.
Durante a súa visita subliñou a importancia desta iniciativa de reciclaxe e integración, aberta a todos os concellos que así o soliciten, e na que a Xunta vai destinar en total, máis de 2 millóns de euros.
"Incrementamos eses recursos nun 85 %, xamais destinamos tantos recursos aos concellos neste ámbito, para que a estratexia da economía circular sexa unha realidade e polo tanto contribuír a ese obxectivo que nos marca a UE, que é vertedura técnica cero", sinala Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente.