CRTVG

Buscar

A Xunta aposta pola colaboración de produtores e distruibuidores para impulsar o agro

Publicado o 08/10/2019 18:27

O futuro do agro galego pasa, entre outras cousas, pola cooperación entre produtores e distribuidores. Así o constatou en Betanzos o conselleiro do Medio Rural, José González, na sinatura dun convenio entre a Indicación de Marca Protexida Carne de Vacún de Galicia e a cadea de distribución Vegalsa-Eroski.

O titular de Medio Rural tamén destacou a aposta da Xunta pola calidade como eixe do futuro do agro galego. Afirmou que falar de Galicia é falar de calidade.

José González, conselleiro do Medio Rural: "Por iso e porque nós apostamos pola calidade, téñovos que dicir a todos os produtores do agro galego que a Xunta de Galicia, a Consellería do Medio Rural, vai impulsar neste mesmo ano 2019 e no 2020 unha marca agroalimentaria de calidade que recolla todos os produtos que reflicten a excelencia do agro galego".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/10/2019