CRTVG

Buscar

A Xunta apoia o comité de empresa no ERTE de Ferroatlántica

Publicado o 12/02/2019 16:23

Xuntanza do conselleiro de Economía cos traballadores de Ferroatlántica na Costa da Morte. Trasladáronlle a súa preocupación polo expediente de regulación de emprego temporal que comezou a negociarse en Madrid e que a empresa xustifica no prezo da electricidade.

Francisco Conde comprometeuse a apoiar o emprego e a actividade industrial e urxe unha resposta enerxética para as empresas electrointensivas por parte do Goberno central.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2019