A Xunta apela ao diálogo para chegar a un acordo que garanta o futuro da planta de San Cibrao
Publicado o 05/08/2020 14:48
O conselleiro de Industria, Francisco Conde, apela ao diálogo para chegar a un acordo e darlle unha solución as mil familias que dependen desta negociación: "Nese contexto é onde temos que atopar entre Alcoa, o comité e as administracións esa solución. Dende a autoridade laboral estamos traballando para garantir a efectividade da negociación e chegar a ese acordo".