CRTVG

Buscar

A Xunta anuncia un plan con 125 medidas para a xuventude galega

Publicado o 13/06/2019 15:53

A Xunta anuncia un plan para a xuventude galega con 125 medidas para impulsar o emprendemento, apoiar o talento ou facilitar o acceso á vivenda dos mozos.

As 125 medidas que propón a Xunta abranguen todas as áreas co obxectivo, di Feijóo, de mellorar as oportunidades dos mozos. Entre elas destacan axudas para obter os permisos de conducir B e C. Incentivos para incorporarse á economía rural, premios a carreiras de éxito na mocidade, abrir oficinas para asesorar sobre opción de vivenda ou emprego para poder emanciparse, impulsar o voluntariado e programas como o Iniciativa Xove que financia con ata 5.000 euros a posta en marcha de ideas innovadoras para promover o Camiño ou o Xacobeo.


Axenda da industria forestal

Entre os obxectivos que marca a Xunta están impulsar a construción e o deseño en madeira, empezando pola administración en centros educativos ou de saúde; promover o uso de biocombustibles e favorecer a colaboración entre o forestal, o naval, a automoción e o téxtil para desenvolver novos produtos. A Axenda forestal que propón a Xunta, di o Goberno galego, é un documento aberto para que o sector faga agora as súas achegas.


Instalarán caixeiros en concellos sen banco

O Goberno galego tamén anunciou hoxe que van tomar medidas para garantir que todos os concellos teñan servizos básicos financeiros. Para iso van licitar a instalación de caixeiros automáticos nos 41 municipios galegos que non teñen entidade bancaria. Con esta medida, os 52.000 veciños que viven neses concellos poderán retirar ou ingresar cartos, actualizar cartillas de aforros ou pagar recibos sen ter que desprazarse.


Axudas de 3.000 euros para autónomos


E visto e prace tamén para unha terceira edición do bono autónomo. A Xunta convoca axudas de ata 3.000 euros para apoiar servizos ou investimentos que melloren a competitividade dos traballadores por conta propia cunha antigüidade superior aos tres anos e medio. O orzamento desta edición é de 4 millóns de euros e prevén chegar a 1.300 beneficiarios.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2019

Máis sobre actualidade

UD OURENSE 1 PAIOSACO 0
20/01/2020 11:50
SILVA 2 SOMOZAS 3
20/01/2020 11:04
FABRIL 1 CHOCO 0
20/01/2020 10:59
POLVORIN 2 AROUSA 2
20/01/2020 10:58
COMPOSTELA 1 ALONDRAS 0
20/01/2020 10:56