CRTVG

Buscar

A Xunta anuncia que utilizará calquera vía para manter o aforro fiscal das herdanzas

Publicado o 21/12/2020 17:16

No Parlamento de Galicia debátense os orzamentos, os máis altos da historia da autonomía. As contas galegas non soben os impostos e consolidan as rebaixas fiscais.

O conselleiro de Facenda explicou que arredor de 30.000 galegos se benefician todos os anos das vantaxes fiscais das herdanzas en vida. É unha figura propia do Dereito Civil galego. O Goberno central ten previsto suprimir este dereito a través dunha lei e a Xunta acaba de anunciar que utilizará calquera vía para que os galegos manteñan ese aforro fiscal.

Valeriano Martínez, conselleiro de Facenda: "Xa lles anuncio que o Goberno galego non renuncia a ningunha vía para evitar que a reforma que planea o Goberno central penalice as herdanzas en vida no IRPF".

Noticias web

21/12/2020