CRTVG

Buscar

A Xunta anuncia que dará prioridade á vacinación infantil e ás embarazadas

Publicado o 30/03/2020 15:14

O estado de alarma interrompeu o calendario de vacinas, e houbo que adaptalo. A Xunta anunciou que, ante a situación de emerxencia, dará prioridade á vacinación infantil, especialmente nos 15 primeiros meses, e tamén á vacinación en embarazadas.

Os Centros de Vacinación Internacional só atenderán consultas relacionadas con viaxes de tipo humanitario, de carácter profesional inaprazables ou de forza maior.

Noticias web

30/03/2020