CRTVG

Buscar

A Xunta anima a cidadanía a consumir produtos do mar durante o estado de alarma

Publicado o 08/04/2020 16:13

O obxectivo é impulsar a demanda e recoñer a entrega dos sector nestes difíciles momentos.

Animar a cidadanía a consumir produtos do mar e recoñecer a entrega dos profesionais do sector durante esta crise sanitaria, estes son os principais obxectivos da campaña que acaba de lanzar a consellería do Mar.

A conselleira do Mar aproveitou a videoconferencia co ministro de agricultura pesca e alimentación e co resto de conselleiros autonómicos para informalos da posta en de esta campaña divulgativa. Rosa Quintana tamén volveu a pedir ao ministro que aclare se seguen considerando o marisqueo como actividade esencial e que estude a posibilidade de cese de actividade tendo en conta que as vendas caeron un 96%.

Nesta xuntanza por videoconferencia tamén participou o conselleiro de medio rural que lle pediu a Planas que flexibilice para agricultores e gandeiros o cumprimento das obrigas tributarias.

José González tamén solicitou unha liña de axudas específicas para o sector primarioe actuacións concretas para sector específicos como o da planta ornamental, o viño ou o sector cárnico.

Noticias web

08/04/2020