CRTVG

Buscar

A Xunta amplía os prazos de carencia e de amortización de préstamos e microcréditos

Publicado o 23/03/2021 15:38

A Xunta aproba novas medidas para darlle liquidez ao tecido empresarial galego. Amplía a dous anos o período de carencia dos microcréditos e incrementa ata tres o tempo para amortizar os préstamos.

Esta liña de axuda, aprobada ao comezo da pandemia, prevía mobilizar preto de 300 millóns de euros. Flexibilizando o pagamento, dan resposta aos sectores que peor o están pasando nesta pandemia: a hostalería e o comercio. 

Noticias web

23/03/2021