A Xunta amplía o orzamento destinado ás axudas ao alugueiro
Publicado o 01/10/2021 16:31
As axudas da Xunta para o alugueiro xeral contan cun millón de euros máis e amplíase o orzamento ata algo máis dos tres millóns.
Estas axudas van dirixidas ás persoas en situación de vulnerabilidade como consecuencia da covid-19 e os bonos de alugueiro social. Non se abre un novo prazo de admisión de solicitudes, senón que esa ampliación orzamentaria irá destinada para atender o maior número de peticións presentadas e que cumpran os requisitos.