CRTVG

Buscar

A Xunta amplía de tres a sete millóns de euros as axudas para adaptar terrazas e o servizo a domicilio

Publicado o 22/02/2021 15:21

Os hostaleiros retoman a actividade paseniño e con novas axudas. A Xunta dobra a partida económica para acondicionar os locais, e que poidan servir fóra. Amplía de tres a sete millóns as axudas para poder mellorar as terrazas exteriores, con pechamentos, tarimas, iluminación ou calefacción. Tamén para comprar material de empaquetado de comidas e bebidas, e atender o servizo a domicilio.

Os autónomos, e as pequenas e medianas empresas poderán optar a estas axudas. Poden chegar ata os 20.000 euros por negocio. 




 

Noticias web

22/02/2021