CRTVG

Buscar

A Xunta amplía as axudas para previr os danos causados por incendios e catástrofes

Publicado o 11/08/2020 15:02

O Goberno galego amplía ata case seis millóns e medio de euros as axudas para previr os danos causados por incendios, desastres naturais ou catástrofes.

 Os beneficiarios serán, principalmente, os titulares de montes veciñais e as mancomunidades, que poderán recibir unha subvención para a construción de puntos de auga.

Tamén se engloban nesta liña de axudas todas as accións encamiñadas a eliminar ou reducir os riscos de incendios forestais e a súa propagación. Xa recibiron 700 solicitudes que cumpren cos requisitos esixidos.

Noticias web

11/08/2020