A Xunta amplía a Tarxeta Benvida no rural e impulsará unha lei a prol da natalidade
As mulleres, as familias, as parellas que teñan fillos no rural van ter unha Tarxeta Benvida máis ampla. Anunciouno o presidenta da Xunta nunha entrevista da Radio Galega. O Consello da Xunta vai darlle o visto e prace a esta medida o vindeiro xoves.
O presidente da Xunta anuncia na Radio Galega que ampliarán as prestacións da Tarxeta Benvida para os nenos e nenas nados no rural galego. Unha das medidas que se incorporarán na futura Lei de apoio á natalidade e dinamización demográfica que prevé aprobar o Consello da Xunta do xoves que vén.
Núñez Feijóo tamén falou da mellora da sanidade e fíxoo para concretar que de "maneira inmediata" van poñer en marcha "contratos fixos, contratos estables de anos prorrogables" para a enfermería.
O presidente fixo balance do último ano político, tanto dentro de Galicia como no resto de España. Se quere oír toda a entrevista do Galicia por diante prema aquí.