CRTVG

Buscar

A Xunta amplía a oferta de cursos para desempregados dos seus centros

Publicado o 08/07/2021 15:06
A Xunta amplía a oferta de cursos para desempregados dos seus centros

A Xunta ampliará a oferta de cursos para desempregados que ofrece nos seus centros de formación os próximos dous anos. O Consello do goberno galego acaba de aprobar unha achega de 4 millóns para organizar 163 cursos con case 2.500 prazas en dezasete familias profesionais. As clases empezarán en setembro e o 10% das horas impartiranse por Internet. O presidente Feijóo explicou que ata 2022 a Xunta investirá máis de 48 millóns de euros en distintos programas de formación para desempregados cunha oferta de 19.000 prazas en total.

Noticias web

08/07/2021