CRTVG

Buscar

A Xunta agarda que Ábalos explique o atraso do AVE esta tarde en Galicia

Publicado o 24/01/2020 14:51

Europa di que o AVE entre Madrid e Galicia non estará operativo ata 2022, un ano despois do defendido por Fomento. É o prazo que lles deu o Goberno central, para a posta en servizo da liña. Un baile de datas do que a Xunta agarda explicacións esta tarde, cando Ábalos estará en Galicia.

Alfonso Rueda entende que "visita Galicia cando a Unión Europea acaba de dicir que os prazos que el estaba anunciando non son verdade. Creo que entenderá que algunha explicación nos debe. Sobre todo contar a verdade e que saibamos definitivamente cando vai estar o AVE e cales van ser as compensacións para Galicia por ese novo atraso".

Rueda lembra que a demora coincide cos informes que barallaba o Goberno da Xunta e lamenta que, de confirmarse este novo atraso, o AVE galego non estaría operativo no Xacobeo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/01/2020