A Xunta adxudica novas parcelas para ampliar o polígono industrial carballés de Bértoa
Publicado o 06/05/2021 17:11
Carballo vai poder ampliar o seu polígono industrial. O Goberno galego aspira a que os permisos comecen en xuño para que os empresarios desta zona poidan instalar os seus proxectos. Está previsto que se asenten empresas de loxística, transformación de madeira e enerxías renovables.