CRTVG

Buscar

A Xunta adiantará o 100 % do terceiro plan de rescate cunha declaración responsable

Publicado o 06/05/2021 20:59
A Xunta adiantará o 100 % do terceiro plan de rescate cunha declaración responsable

A Xunta adiantará a autónomos e empresas o 100 por cento das axudas do terceiro plan de rescate por medio dunha declaración responsable.

A conselleira de Emprego, María Xesús Lorenzana, reuniuse hoxe co Diálogo Social e da Mesa do Emprego Autónomo para rematar de consensuar as bases do terceiro plan de rescate.

O Goberno galego quere priorizar autónomos e microempresas, que supoñen o 97 % do tecido produtivo galego, e incluír todos os sectores afectados pola crise sanitaria.