A Xunta adapta os horarios de autobús entre O Barco e A Gudiña para aproveitar a alta velocidade ferroviaria
Publicado o 25/10/2021 14:59
Un grupo de persoas apura para coller un dos poucos trens que seguen a parar en Valdeorras, o Alvia a Barcelona.
Tan só contan con dúas conexións de media e longa distancia, 4 trens ao día. Antes da pandemia eran 10, incluída unha conexión directa a Madrid.
Para aproveitar esta conexión coa alta velocidade, a Xunta acaba de adaptar os horarios dos autobuses entre O Barco e A Gudiña, incluíndo un novo servizo á media tarde.
Para mellorar esta coordinación esixen a Renfe coñecer canto antes como van quedar os novos horarios coa entrda en funciomento do AVE prevista para decembro.