Abel Caballero envía unha carta con 31 reclamacións para o diálogo coa Xunta
Publicado o 06/08/2019 14:27
A Xunta de Galicia acusa o alcalde de Vigo de non ter vontade de negociar co Executivo galego.
Abel Caballero envioulle unha carta ao presidente da Xunta con trinta e unha reclamacións, destacando sete como urxentes. Entre elas, que a Xunta retire a candidatura das illas Cíes e Parque das Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade e que a Administración autonómica derrogue un artigo da Lei de transporte interurbano que, segundo o alcalde, obriga o Concello a pagarlles o autobús a residentes de fóra da cidade.
O vicepresidente da Xunta di que non se pode negociar con esixencias.