CRTVG

Buscar

A Xunta activa unha liña de crédito para axudar as auxiliares de Barreras

Publicado o 08/11/2019 20:00

Balón de osíxeno para as auxiliares da industria naval que dentro duns días poderán acceder á liña de crédito posta en marcha pola Xunta de Galicia, para mellorar a súa situación. En Barreras, as empresas afectadas polo preconcurso acaban de constituírse en sociedade co obxectivo de tomar o control do estaleiro. 

Co foco nas dificultades que atravesa o estaleiro vigués, a Xunta activa unha liña de préstamos para as auxiliares da industria naval galega. A medida trata de dar resposta aos problemas de financiamento destas empresas.

As 33 empresas auxiliares afectadas polo preconcurso de acredores de Barreras acaban de asinar este venres a constitución dunha sociedade. O obxectivo é negociar con Pemex, principal accionista do estaleiro, e facerse co control.

O traballadores xa anunciaron un calendario de paros e mobilizacións que comezará a próxima semana.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2019