A Xunta activa o plan de risco de inundacións á beira dos ríos
Publicado o 03/03/2020 20:48
A Xunta aacaba de activar o Plan Especial de Riscos de Inundacións polo posible aumento nos caudais dos ríos. Hoxe tivemos chuvia forte no oeste da comunidade e a previsión é que mañá siga chovendo. Se segue así, non se descartan asolagamentos nas ribeiras.
As autoridades recomendan non desenvolver estes días actividades á beira dos ríos, non cruzar zonas asolagadas e subir aos pisos altos en caso de que entre auga na casa. Se estamos dentro do coche, o mellor é saír del e buscar unha zona elevada.