CRTVG

Buscar

A Xunta activa axudas para ximnasios, actividades de feira e ocio infantil

Publicado o 04/02/2021 15:35

Canda o comercio, tamén sofren as restricións e a caída de ingresos ximnasios, parques de ocio infantil e feirantes. Precisamente para estes sectores o Goberno galego acaba de aprobar un paquete de axudas.

Está incluída no segundo plan de rescate a autónomos, microempresas e hostaleiros, dotado con 75 millóns de euros. Estas axudas permiten que negocios como os parques infantís sobrevivan nestes tempos de pandemia. 

Parques infantís baleiros que agardan a que pase a pandemia para rexurdir. Son, xunto co ocio nocturno e a hostalería, un dos sectores máis afectados. Por iso ven nas axudas do Goberno galego un balón de osíxeno. 

Os ximnasios tamén están parados, xusto nos meses de maior afluencia de xente. Moitos están ao límite e tamén precisan apoio. O segundo plan de rescate da Xunta inclúe, ademais da hostalería, unha liña específica para o ocio infantil, os ximnasios e as actividades de feira.

O Goberno galego quere tramitar as axudas de forma urxente para que o diñeiro chegue canto antes aos petos dos afectados. 

 

Noticias web

04/02/2021