CRTVG

Buscar

A Xunta activa a alerta laranxa por tormentas e choiva na montaña de Ourense

Publicado o 08/07/2019 18:38
A Xunta activa a alerta laranxa por tormentas e choiva na montaña de Ourense

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activará a partir das 13,00 horas deste luns a alerta laranxa por tormentas e choiva na zona da montaña de Ourense.   Segundo informou a Vicepresidencia da Xunta nun comunicado, na zona do Miño, Sur e Valdeorras estará tamén activado un aviso amarelo por tormentas e choivas durante a xornada deste luns.   A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) avisa de que se poden producir "precipitacións acumuladas de ata 30 mm nunha hora", sinalaron as mesmas fontes.   Por este motivo, co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do 112 Galicia, informou da situación aos concellos das zonas afectadas, así como Deputación, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil.   Deste xeito, indica Vicepresidencia, espérase que se adopten "as medidas oportunas" para garantir a seguridade dos bens e as persoas.   

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/07/2019