CRTVG

Buscar

A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro na provincia da Coruña

Publicado o 20/01/2020 09:09

A Xunta acaba de activar a alerta laranxa por un temporal costeiro na provincia da Coruña.

Atendendo ás previsións de AEMET, con vento de forza 8 e ondas de 5 metros, a Direccion Xeral de Emerxencias activou para este luns o aviso laranxa na costa coruñesa. O resto do litoral galego estará en nivel amarelo.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa e recomenda que se extremen as medidas de seguridade.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/01/2020