CRTVG

Buscar

A Xunta achegará 3 millóns de euros ás universidades para gastos extraordinarios deste inicio de curso

Publicado o 25/09/2020 16:13

A inauguración do curso mantivo a solemnidade de sempre, pero atípico, como todo, foi o discurso do reitor, desta volta o anfitrión foi o de Vigo.

Manuel Reigosa dixo que non ía reclamar cartos e centrouse en falar do que poden facer as universidades para axudar a saír desta crise. Ofreceu o talento da institución para captar os fondos europeos para a reconstrución.

Alberto Núñez Feijóo recolleu este ofrecemento e el si falou de presuposto para as universidades.

A Xunta achegará 3 millóns de euros ás universidades para gastos extraordinarios deste inicio de curso.

Noticias web

25/09/2020