CRTVG

Buscar

A Xunta abrirá esta semana outras 25.000 autocitas para mozos de 16 a 22 anos

Publicado o 04/08/2021 15:00

Galicia está tocando o teito de contaxiados nesta quinta vaga da pandemia. O presidente da Xunta dixo que, se as previsións dos expertos se cumpren, a partir da semana que vén os positivos e os hospitalizados descenderán.

Alberto Núñez Feijóo agarda que as restricións poidan comezar a flexibilizarse na terceira semana deste mes de agosto. "Se todo se comporta como se está comportando, cremos que na terceira semana de agosto empezaremos a fase de apertura", dixo Feijóo, quen, ademais,  inisitiu en que iso "vai depender de nós, de non facer botellóns e de non usar as reunións sociais como fontes do virus". 

Alberto Núñez Feijóo tamén anunciou que a final desta semana vanse poñer á disposición dos mozos de entre 16 e 22 anos 25.000 autocitas máis para vacinarse. "Ir incorporando os mozos que están con incidencias máis altas", explicou Feijóo.

O presidente da Xunta confirmou que o comité de expertos seguirá reuníndose este mes de agosto para analizar a evolución da pandemia e poder tomar as decisións axeitadas.

Noticias web

04/08/2021