CRTVG

Buscar

A Xunta abre un prazo para que as pemes do sector primario presenten iniciativas para optar aos fondos da UE

Publicado o 30/03/2021 21:43

A Xunta anima as pemes do sector primario e agroalimentario a presentar iniciativas que poian optar aos fondos da Unión Europea para afrontar a crise derivada da pandemia. Foi na reunión que o vicepresidente segundo e máis o conselleiro  do Medio Rural mativeron con organizacións profesionais agrarias e asociacións do sector primario. Para recoller as propostas, a Xunta abre un prazo que rematará o 16 de abril.

"Presentamos desde a Xunta de Galicia os proxectos para os fondos Next Generation, dentro deses proxectos temos o polo para a transformación de Galicia que ten diferentes proxectos tractores e un deles está moi ligado ao sector primario galego. Agora o que queremos é que as pemes do sector primario e da industria agroalimentaria nos traian as súas iniciativas para ser capaces de conxugalas con eses proxectos tractores", di José González, conselleiro do Medio Rural.

 

Noticias web

30/03/2021