CRTVG

Buscar

Abre o prazo de inscrición para cubrir 205 prazas de profesionais sanitarios

Publicado o 06/11/2019 12:00
Abre o prazo de inscrición para cubrir 205 prazas de profesionais sanitarios

O Goberno galego abre o prazo de inscrición nas oposicións destinadas a cubrir 205 prazas de educadores, enfermeiros, fisioterapeutas e médicos, como parte da convocatoria de emprego social para reforzar centros de maiores, de día ou atención á discapacidade e a muller.

O DOG publica a convocatoria este mércores, en que inclúe que 86 das citadas prazas serán para educadores, 69 para enfermería e 10 para fisioterapeutas, que se convocan por primeira vez na Administración autonómica.

Por outra banda, publicará este xoves dúas convocatorias para cubrir 40 prazas de médicos: unha  para persoal funcionario e outra para persoal laboral. Do total de 205 prazas, a maioría serán de acceso libre, unhas 156.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí