A Xunta xestiona 700 multas municipais por incumprimentos das normas contra a pandemia
Publicado o 02/01/2021 11:35

A Xunta xa recibiu case 700 denuncias relacionadas coa covid.O Goberno galego xa comezou a revisión dos expedientes de denuncias recibidos, dos que a maioría están relacionados co incumprimento do uso obrigatorio de máscara.
Remitironllas os 167 concellos que se adheriron a un convenio asinado coa Fegamp e que ten como obxectivo contribuír a axilizar os procedementos e paliar a carga administrativa de moitos municipios.
A Xunta presta a través deste acordo a colaboración necesaria para axudar aos concellos que carezan de medios a tramitar os expedientes sancionadores