CRTVG

Buscar

A xuízo dous dos asaltantes dun chalé en Vilagarcía

Publicado o 22/04/2019 12:25

A xuízo dous falsos gardas civís polo asalto ao chalé dun narco en Vilagarcía. Afrontan 12 e 13 anos de cárcere por reter sete horas á muller e á asistenta do lugartenente de David Pérez Lago. A vistá será na na sección segunda da Audiencia de Pontevedra.

Atadas, amordazadas, encapuchadas e ameazadas durante sete horas. Asi estiveron as dúas mulleres mentres os tres asaltantes picaban as paredes e os chans da vivenda en busca dun botín que non atoparían. Fixeronse pasar por gardas civís para que lles abrisen a porta. Obrigáronas a baixar ao garaxe. Metéronas nun Audi A-6 que tiña as chaves postas e leváronnas a unha nave industrial abandonada en Vilagarcía. Alí mantivéronas vixiadas por un home a punta de pistola. Despois devolvéronas ao chalé e deixáronas coas mans atadas avertíndolles que tiñan amigos na Garda Civil.


Os tres asaltantes levaron os dous vehículos da casa. O Audi A-6 apareceu calcinado nunha estrada secundaria en Meis, para borrar pegadas, e un Audi A-8 abandonárono diante dun concesionario de Vilagarcía, a uns 4 quilómetros do chalé do Rial.

Este violento asalto aconteceu en novembro de 2013 e xulgarase mañá na Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra. As vítimas son a muller e a criada de José Ramón Dorgambide, considerado lugartenente de David Pérez Lago, que non estaba na casa porque estaba cumprindo 7 anos de prisión por un alixo de 2 mil quilos de cocaína nas costas de Corme.

A Fiscalía solicita para dous dos acusados penas que suman 13 e 12 anos de prisión por dous delitos de detención ilegal que concurre cun delito de roubo con intimidación e outro de danos. Trátase de dous perigosos delincuentes casteláns con varios antecedentes. O terceiro asaltante segue sen identificar.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/04/2019