CRTVG

Buscar

A xuízo as supostas extorsións de Ausbanc e Manos Limpias

Publicado o 29/01/2020 11:07
A xuízo as supostas extorsións de Ausbanc e Manos Limpias

Luis Pineda, presidente de Ausbanc, e outros 11 acusados enfróntanse, dende hoxe, na Audiencia Nacional, á acusación de organización criminal.

Comeza o xuizo de Ausbanc por presunta extorsión a empresas e particulares. Os acusados empregaban, presuntamente, a asociación de consumidores e a súa revista como tapadeira. A fiscalía solicia 117 anos de prisión e unha multa de 10,3 millóns para Pineda, como máximo responsable.

Segundo o Ministerio Fiscal, esta organización, en connivencia co sindicato Manos Limpias, dedicábanse a extorsionar a empresas e particulares, a cambio de retirar acusacións xudiciais.

Entre as súas vítimas estarían a infanta Cristina e o seu marido no caso Nóos, en que Manos Limpias se presentou como acusación popular.