CRTVG

Buscar

A xuíza ve indicios de prevaricación na xestión de Pachi Vázquez no Carballiño

Publicado o 08/01/2019 21:00
A xuíza ve indicios de prevaricación na xestión de Pachi Vázquez no Carballiño

O ex-secretario xeral dos socialistas galegos está desde hoxe un paso máis cerca de sentar no banco dos acusados. A xuíza que o investiga polas presuntas contratacións irregulares cando era alcalde do Carballiño mantén que hai indicios de que Vázquez puido cometer un delito de prevaricación. No auto co que remata a instrución, a xuíza sostén que o ex-líder do PSdeG, o tamén ex-alcalde Carlos Montes e dous ex-concelleiros contrataron 60 traballadores sen atender aos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade.

As partes teñen agora dez días para solicitar a apertura de xuízo e presentar o escrito de acusación. O auto aínda pode ser recorrido.

Noticias web

08/01/2019