CRTVG

Buscar

A xuíza ve "imposible" dar coa nena Anna Gimeno e permite a marcha do Ángeles Alvariño

Publicado o 30/06/2021 17:07
A xuíza ve "imposible" dar coa nena Anna Gimeno e permite a marcha do Ángeles Alvariño

A titular de Xulgado de Violencia sobre a Muller número 2 de Santa Cruz de Tenerife vai permititir nos próximos días a finalización da busca da nena Anna Gimeno e do seu pai, Tomás Gimeno, e tamén suposto asasino, por parte do buque oceanográfico Ángeles Alvariño, ao concluír que é "imposible" seguir con estes labores.

A esta mesma conclusión tamén chegou o responsable de operacións da embarcación, cedida para a investigación do caso polo Instituto Español de Oceanografía, debido ás complicacións que presenta o terreo submarino que se está rastrexando, segundo informan fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Canarias.

Nese informe, o responsable de operacións do barco cualifica de "completamente inabordable" a exploración na zona onde poderían localizarse novos resultados. Os investigadores temen que dadas as correntes submarinas "non se pode asegurar que un corpo lastrado cun cinto de mergullo non se desprazaría rodando podendo chegar a un lugar non determinado e, polo tanto, fóra da capacidade de procura de que dispoñemos".