CRTVG

Buscar

A xuíza que investiga un relixioso salesiano de Vigo ve indicios de abusos sexuais a seis menores

Publicado o 15/01/2021 10:03
A xuíza que investiga un relixioso salesiano de Vigo ve indicios de abusos sexuais a seis menores

A xuíza que investiga un relixioso salesiano de Vigo por presuntos abusos sexuais rematou a investigación e ve indicios de seis delitos sobre menores de 16 anos, tres deles de forma continuada. 

O imputado presuntamente cometeu os abusos en xullo do ano pasado, durante unhas convivencias que el mesmo dirixía, nas instalacións dos salesianos en Cambados.

Segundo o auto xudicial, tamén abusaría de dous menores durante unha peregrinación a Santiago en abril.

Concluída a instrución, agora a Fiscalía e as partes presentadas no caso teñen dez días para solicitar a apertura do xuízo.

Noticias web

15/01/2021