CRTVG

Buscar

A xuíza ordénalle á Garda Civil buscar na Generaliat documentos do 1-O

Publicado o 05/07/2019 13:30
A xuíza ordénalle á Garda Civil buscar na Generaliat documentos do 1-O

A xuíz que investiga os preparativos do 1-O ordenou á Garda Civil acudir a varios departamentos da Generalitat en busca de documentación sobre a organización do referendo e citou como investigado ao delegado da Generalitat en Suíza, Manuel Manonelles.

Nun auto, a titular do xulgado de instrución número 13 de Barcelona acorda novas dilixencias solicitadas pola Fiscalía, entre elas a demanda de documentación á Generalitat e a citación de Manonelles, ao que vincula coa contratación de observadores do 1-O. A Garda Civil aínda non levou a cabo a dilixencia ordenada polo xuíz, aseguraron fontes coñecedoras do caso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/07/2019