CRTVG

Buscar

A xuíza ordena reabrir o caso pola desaparición de Yéremi Vargas

Publicado o 08/09/2021 16:55
A xuíza ordena reabrir o caso pola desaparición de Yéremi Vargas

O xulgado de San Bartolomé de Tirajana ordenou a reapertura do caso de Yeremy Vargas. A xuíza, que hai 4 anos arquivou o caso, decidiu agora reabrilo pola aparición de novos indicios na investigación.

A familia do cativo que desapareceu hai 14 anos pediu que se practiquen novas dilixencias, pois asegura ter probas de que o único sospeitoso, chamado El Rubio, lles dixo a uns compañeiros de cárcere que estivera no lugar da desaparición o día do suceso.

Noticias web

08/09/2021