CRTVG

Buscar

A xuíza négalle a liberdade condicional a Assange por risco de fuga

Publicado o 06/01/2021 19:02
A xuíza négalle a liberdade condicional a Assange por risco de fuga

Julian Assange seguirá en prisión provisional no Reino Unido mentres combate ante a xustiza a súa extradición aos Estados Unidos, que o reclama por presuntos delitos de espionaxe e intrusión informática polas revelacións do seu portal WikiLeaks.

A xuíza Vanessa Baraitser, da Corte de Maxistrados de Westminster, denegoulle este mércores a liberdade condicionada, ao considerar que presenta risco de fuga, a pesar de rexeitar o luns a súa entrega aos EUA por risco de suicidio. Ao anunciar a súa decisión, a maxistrada sinalou que Assange "aínda non gañou o seu caso", dado que Washington recorrerá o ditame contrario á extradición, e, por tanto, "ten un incentivo para fuxir" ata que conclúa ese litixio.

"Por cuestión de xustiza, os Estados Unidos deben poder cuestionar o meu ditame, e se Assange foxe durante o proceso, perderá a oportunidade de facelo", afirmou.

Noticias web

06/01/2021