CRTVG

Buscar

A xuíza manda o caso do maxistrado Valdés ao Supremo ao ver indicios de malos tratos á muller

Publicado o 13/08/2020 15:16
A xuíza manda o caso do maxistrado Valdés ao Supremo ao ver indicios de malos tratos á muller

A xuíza ve indicios dun presunto delito de maltrato doméstico contra o maxistrado do Tribunal Constitucional Fernando Valdés. A maxistrada xa remitiu as dilixencias ao Tribunal Supremo, encargado da causa pola condición de aforado de Valdés.

O maxistrado do Constitucional foi detido o luns tras a denuncia duns mozos que o escoitaron discutir coa súa muller. Tras prestar declaración quedou en liberdade por razóns de idade.