CRTVG

Buscar

A xuíza expulsa da sala a Juan Paulo Giménez: "Isto non pode ser unha feira"

Publicado o 09/07/2021 19:06

Piden 9 anos para cada un dos dous acusados

"-Cal tiroteo?
-O do 19 de maio.
-Non señoría, eu non fixen ningún tiroteo".

Juan Paulo Jiménez, o primoxénito do clan dos Moróns, dixo que estaba en Sevilla cando unha persoa entrou pegando tiros nunha pedida de man do clan dos Zamoranos. O acusado recoñece que ambos clans están desamigados, pero asegura que el se leva ben con eles.: "Co clan coñecido como os Zamoranos son vostedes inimigos? A miña familia posiblemente, eu non, porque a miña señora e nai dos meus fillos é do clan dos Zamoranos, é filla dun dos patriacas. Eu non sou un inimigo ao contrario ámanme e adóranme".

Os feitos ocorreron no Porriño, en maio de 2019. O fiscal acusa a Juan Paulo de facer varios disparos cunha nove milímetros. As balas que rebotaron nunha parede feriron 2 persoas de gravidade. Con Juan Paulo ía supostamente outro acusado co que fuxiu. En total estivo 17 meses en busca e captura."Eu non estiven desaparecido un ano e seis meses, segundo os seus cálculos, porque teño 56 presentacións nos xulgados".
A titular do xulgado do penal número 3 de Pontevedra expulsou do xuízo a Juan Paulo Giménez, por comentarios e espaventos realizados en sala. "Isto non é un mercad", asegurou a maxistrada tras tomar a decisión de que Giménez fose enviado ao calabozo, despois de numerosas advertencias acerca do seu comportamento no tribunal. A xuíza advertiu que "non pode alterar a orde" da sesión porque "isto non pode ser unha feira" xa que mentres declaraban as testemuñas o acusado cometeu diversas faltas á orde.

Esta circunstancia produciuse despois de que todos os asistentes á festa, pertencentes ao clan dos Zamoranos situasen a Juan Paulo Giménez no lugar do tiroteo, entre eles as dúas vítimas dos impactos de bala, e identificáronlle como o autor dos disparos. Unha destas vítimas asegurou que "escoitei un disparo, deime a volta e vin a Juan Paulo retrocedendo e disparando". Ambos recoñeceron a mala relación existente entre a súa familia e "Os Moróns" que, segundo declararon, "fixéronnos sempre a vida imposible co tema dos mercadios" .

Outro das testemuñas asegurou que non ten "dúbidas" de que o acusado foi o autor dos disparos, mentres que o camareiro que atendía a barra na festa explicou: "escoitei tiros e tireime ao chan". Con todo, subliñou que viu "a unha persoa pero non se quen era". En fase de instrución, lembrou a fiscal, este camareiro identificou a Juan Paulo como o autor dos disparos, pero agora dixo "non estou seguro de que fose el", algo que a acusación particular vencelleu a ameazas por parte de "Os Moróns", confirmadas pola testemuña

A Fiscalía pide nove anos de prisión para Juan Paulo Giménez como autor deste tiroteo, mesma condena que solicita para o home que lle acompañaba, Rafael G. J., que do mesmo xeito que Juan Paulo está acusado de dous delitos de lesións e un delito de tenencia ilícita de armas

 

Noticias web

09/07/2021