CRTVG

Buscar

A xuíza do Porriño decreta prisión para o home detido por agredir a muller e o neto

Publicado o 30/01/2020 20:40



A titular do xulgado número 3 do Porriño decretou o ingreso en prisión, comunicada e sen fianza, do home que presuntamente agrediu cun coitelo a súa muller e o seu netoO home, de 58 anos foi detido no seu domicilio da parroquia de Atios, no Porriño. O xulgado investígao por un delito de homicidio en grao de tentativa, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Xa na súa declaración na policía o detido recoñeceu que tivera unha discusión coa súa muller.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/01/2020