CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A xuíza do caso Máster arquiva a peza sobre Miguel Temboury, ex-subsecretario de Economía

Publicado o 12/09/2018 14:47

A xuíza que investiga as supostas irregularidades nos másters da Universidade Rey Juan Carlos arquivou a peza relativa a un ex-alto cargo do Ministerio de Economía co Goberno do Rajoy, Miguel Temboury.

A xuíza recoñece que nin chegou a matricularse no máster, como el sempre explicara. E polo tanto, nesta peza, arquiva as investigacións contra o ex-reitor da Universidade, Fernando Suárez, e o ex-director do Instituto de Dereito Público, Enrique Álvarez Conde.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí