CRTVG

Buscar

A xuíza rexeita anular a causa do 8-M e acusa o Goberno de "ter reticencias" para entregar os informes do CCAES

Publicado o 09/06/2020 16:26

A titular do Xulgado de Instrución número 51 de Madrid, Carmen Rodríguez-Medel, rexeitou este martes arquivar a causa contra o delegado do Goberno en Madrid, José Manuel Franco, como solicitou a Avogacía do Estado e a Fiscalía. Así mesmo, mantén a declaración de Franco prevista para mañá por un presunto delito de prevaricación administrativa ao non vetar a manifestación do 8- M en Madrid.

No seu auto, evidencia ademais "dificultades" e "reticencias" que, en ocasións, atoparon os investigadores da Garda Civil para obter documentos do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias (CCAES), dependente do Ministerio de Sanidade. 

a maxistrada rexeita a alegación de nulidade das actuacións, a paralización das mesmas e a indefensión do delegado do Goberno en Madrid. En canto aos informes requiridos ao CCAES, a titular do Xulgado Central de Instrución número 51 de Madrid afirma que as dificultades para obtelos foi expresada polos propios axentes da policía xudicial nos seus informes remitidos ao xulgado, e que esta é a razón pola que determinados oficios que ela asinou tivesen prazos de entrega.

Lembra que, polo que declararon os investigadores do caso segundo a información que trasladan os axentes, "a documentación xa estaba solicitada" por este organismo de Sanidade "segundo o que os mesmos empregados públicos manifestaban", é dicir, que "o traballo xa estaba feito". "

Na súa resolución, de 17 páxinas, a maxistrada responde de forma rotunda e un por un aos  argumentos esgrimidos pola Avogacía do Estado para pedir a nulidade do procedemento, aos que se adheriu parcialmente a Fiscalía nun duro recurso que foi coñecido este luns, pedindo tamén o arquivo desta investigación.

A maxistrada rexeita a alegación de nulidade das actuacións, a paralización das mesmas e a indefensión do delegado do Goberno en Madrid. A xuíz incide na suspensión dos prazos procesais coa declaración do estado de alarma e indica que a tramitación deste procedemento penal non ten por que quedar paralizado porque a Lei Orgánica do Poder Xudicial sinala no seu artigo 184 que "todos os días do ano e todas as horas serán hábiles para a instrución das causas criminais, sen necesidade de habilitación especial". "Este precepto non foi derrogado", engade.

A xuíza defende que "é algo notorio" que os xulgados de instrución, ou polo menos o seu, seguiron tramitando causas durante o estado de alarma e, por tanto, continuou escoitando a peritos, testemuñas, investigados, xa fóra por videoconferencia ou de forma presencial. Noutro punto, a xuíz rexeita a pretensión dos servizos xurídicos do Estado, apoiados pola Fiscalía, para que os recursos que interpuxo en defensa de Franco paralicen a investigación ata que sexan resoltos.

Críticas aos argumentos da Avogacía do Estado

"Somos da opinión de que aplicar unha regra diferente á prevista na lei aos recursos da Avogacía do Estado non ten amparo nin legal, nin constitucional, pois supoñería un trato favorable para este investigado -o delegado do Goberno en Madrid-, en relación coas demais partes do procedemento", agrega a maxistrada.

Doutra banda, a xuíz Rodríguez-Medel tamén rexeita o intento da Avogacía do Estado de que non se soliciten as recomendacións e instrucións que puido dar Franco ao persoal da Delegación do Goberno en relación coa covid-19 desde o 1 de febreiro ata o 14 de marzo 2020.

A instrutora remarca que "esas instrucións internas non son obxecto de investigación", algo que ela mesma xa concretou "en resolucións anteriores", pois si o son as "decisións en materia de concentracións/manifestacións".

Con todo, cre que isto "non impide solicitar" esas recomendacións de Franco, xa que as considera "útiles para a investigación", pois "permiten determinar o grao de coñecemento e alerta sobre acovid do investigado e iso pode ser relevante para valorar as decisións que adoptou en materia de concentracións e manifestacións".

 

 

 


 

Noticias web

09/06/2020